Nota de Prensa do CCE Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid Contencioso contra a Auto

by karlotti

http://cociudem.wordpress.com/

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

 

 

 

Nota de Prensa do CCE

Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid

Contencioso contra a Autorización Administrativa Previa

  1. A sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid do 12-11-2012, desestimando o recurso contencioso presentado polas entidades do CCE contra a Autorización Administrativa Previa outorgada a Reganosa, non supón nada novo, por canto é unha reiteración da ditada o 27 de Novembro de 2006 ante o contencioso presentado polo Concello de Ferrol, e da que logo se retirou.

  2. O CCE non desistirá como fixo o Concello de Ferrol e recorrerá esta sentenza.

  3. Esta sentenza non prexulga para nada a Autorización de Construción da planta de gas, recorrida en contencioso presentado polo CCE, e sobre a cal ha de pronunciarse este Tribunal.

  4. Lembrar que o máximo órgano xudicial, o Tribunal Supremo, en sentenza inapelable do 11 de Maio de 2012 anulou a modificación do Plan de Ordenacion de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa, ratificando a sentenza de 22 de abril de 2008 ditada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. A sentenza do Supremo, entra ao fondo do asunto, ao sinalar a carencia da DIA (Declaración de Impacto Ambiental).

Os promotores de Reganosa e os seus cómplices institucionais non utilizaron o procedemento legal (DIA), non por descoñecemento senón porque sabían que á luz do mesmo, o interior da Ria de Ferrol resulta incompatible cunha instalación tan perigosa como unha planta de gas, e só cunha actuación fraudulenta poderían acadar o seu propósito , como foi relocalizar a planta de gas en Punta Promontoiro.

  1. Este tribunal ven de desestimar o contencioso contra a Autorización Administrativa Previa outorgada pola DPEyM a Reganosa, en base a repetir as teses mantidas pola empresa, a saber:

    1. Que non necesita da DIA, en base a considerar unha falsa data de presentación da solicitude, porque a documentación necesaria para considerar a apertura de expediente non a presentou até 15 meses mais tarde e tratando mesmo de maquillar as datas de presentación en base a visados fraudulentos de algúns documentos do proxecto.

    2. Que o antigo Raminp (2000 m a núcleos de poboación) ten excepcións. Con todo, o concello de Mugardos non dubida en aplicalo para licenzas de apertura de actividades tan perigosas como café-bares, carnicerías ou mesmo mercerías.

    3. Que o emprazamento é viable dende o punto de vista da seguridade industrial e do cumprimento de distancias a centros próximos de poboación, non afectando a pobación mais cercana. O estudo de riscos realizado non contempla todos os posibles accidentes. Un estudo similar feito para a planta de Bilbao, de capacidade e tecnoloxía similar e realizado cos mesmos programas de simulación, concluíu con distancias de seguridade 10 veces maiores que en Mugardos.

    4. Que en canto a seguridade o risco do tráfico de gaseiros non ten por que ser maior que o existente na Ría (equiparando os gaseiros descargados y desgasificados que entran para reparar, cos gaseiros cargados con GNL con destino a Reganosa). Situacións con índices de risco claramente diferentes.

    5. Que a planta de Reganosa é esencial para o o sistema gasistico nacional, asi como en concreto para Galicia. Cando os datos, dende a entrada en funcionamento amosan a realidade da planta de Reganosa: unha instalacion deficitaria, que nos costa aos cicidadáns perto de 60 millóns de euros ao ano e a súa produción non acada o 40%. Para “xustificar” o seu funcionamento, manteñen pechado o gasoducto de Tui que viña subministrando gas a Galicia antes do 2007, e ten a capacidade suficiente para subministrar gas aos ciclos combinados e para o consumo doméstico e industrial.

    6. Ou reiterar a falsidade cando se refire aos vaporizadores de auga de combustión interna para o proceso de regasificación, cando no proxecto e na Autorización Definitiva, este sistema é secundario sendo o sistema principal os vaporizadores de agua de mar. Este sistema fraudulento esta acelerando a destrución do ecosistema da Ria. Se non é maior o deterioro é pola baixa produción que ten desde a sua posta en funcionamento.

Este CCE esixe o cuprimento e execución da sentenza do Tribunal Supremo, do 11 de Maio de 2012, para evitar riscos innecesarios á poboación de toda a Ría.

Ferrol a 29 de Novembro de 2012

 
 
Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

 

Advertisements