Conta atrás para salvar os 135 anos de actividade do Ateneo Ferrolán – Praza Pública

by karlotti

Conta atrás para salvar os 135 anos de actividade do Ateneo Ferrolán – Praza Pública.

 

 

Conta atrás para salvar os 135 anos de actividade do Ateneo Ferrolán – Praza Pública

Integrantes da plataforma polo dereito ao aborto, en defensa do Ateneo

O Ateneo de Ferrol fundouse en 1879 e durante os últimos 135 tivo sempre un papel moi importante na promoción da cultura na cidade, unha actividade só interrompida durante os periodos de ditadura e que nos últimos anos, dende a chegada á alcaldía do popular José Manuel Rey Varela, se atopa seriamente ameazada. E moito máis neste momento, no que a entidade debe enfrontar unha débeda de 39 mil euros que o Concello se comprometera a achegare que anuncia que non pagará.

Outra imaxe de apoio ao Ateneo

Tras o franquismo, a entidade refundouse como Ateneo Ferrolán, e dende 1983 ocupa un fermoso edificio no número 202 da rúa Madalena. En 2008, a raíz dun problema de pingueiras no teito, o Concello decide a rehabilitación completa do inmoble, unhas obras nas que investiu 1,2 millóns de euros. Por mor das obras, os fondos do Ateneo -unha biblioteca de dez mil volumes e unha valiosa hemeroteca- tiveron que ser alamcenados por unha empresa de mudanzas. A anterior xunta directiva, presidida por Ramón Veloso, chegou a un acordo verbal co concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para que fose o Concello quen recuperase os bens do Ateneo con cargo ás arcas municipais. Porén, en 2011 cambia o goberno municipal e o Concello muda os seus plans.

Dende a reapertura do edificio, réstalle á institución cultural boa parte do espazo que ocupaba anteriormente, instalando alí outras tres asociacións e relegando o Ateneo ao último andar, a pesar de que en 2008 o pleno municipal aprobara por unanimidade a cesión indefinida do edificio ao Ateneo. Pero, ademais, o Goberno municipal négase a pagar a débeda de 39 mil euros contraída coa empresa de mudanzas que almacenou os fondos do inmoble, unha empresa que se nega a negociar unha solución e que xa presentou unha demanda xudicial contra o Ateneo.

Edificio do Ateneo
Ateneo, presidido na actualidade polo historiador Eliseo Fernández, vén de iniciar unha campaña pública,Salvemos o Ateneo, para alertar na comarca e en toda Galicia da situación que se está a vivir e do perigo que vive unha institución cultural cun século de actividade. A entidade culpa da situación ao actual goberno municipal, ao que lle lembran que foi o Concello o que decidiu rehabilitar o edificio e trasladar os fondos, e que ademais se comprometeu a pagar pola súa recuperación, como parte das obras:“O Ateneo non trasladou o seu patrimonio por capricho, senón a consecuencia dunha obra promovida polo Concello. O traslado e almacenamento realizouse de acordo co Concello e dirección de obra”.

Ademais, consideran que con esta estratexia, Rey Varela busca “castigar” un “traballo cultural crítico realizado polo Ateneo que resulta incómodo para o actual goberno municipal” e subliñan que “mentres o Partido Popular reclama que Ferrol sexa Patrimonio da Humanidade deixa o Ateneo e o seu patrimonio feridos de morte”.Os responsables do Ateneo alertan de que non poden facer fronte á cantidade de cartos reclamada e de que está en risco o mantemento dos actuais tres postos de traballo que se ocupan de xestionar as súas actividades. A entidade, con 300 socios e socias, iniciou tamén unha campaña de afiliación para mellorar a súa situación económica, e está a recoller sinaturas a través dunha petición en change.org, pois sinalan que “unicamente a presión e movilización cidadá pode mudar as cousas e forzar unha negociación na que ateneo,concello e empresario pechen este conflito”.

Advertisements