22M: Marchas da Dignidade

by karlotti

22M: Marchas da Dignidade.

 

Martes 16 de Xuño, Acto Público en Caranza: “Os outros Sindicatos” – É posibel outro Sindicalismo? – Presentación en Ferrol dos sindicatos que participan nas Marchas da Dignidade




MARTES 16 DE XUÑO, ÁS 19HS.
CENTRO CÍVICO DE CARANZA – FERROL

ACTO PÚBLICO
“OS OUTROS SINDICATOS”

É POSÍBEL OUTRO SINDICALISMO ?

Dende o punto de vista da defensa dos dereitos laborais, a comarca de Ferrol está a vivir unha etapa que resultaría insospeitable hai anos. A cidade que tanto aportou á xestación das que agora son as grandes forzas sindicais, atópase no medio dunha dramática situación de crise, tanto económica coma reivindicativa. A pesar das altas taxas de paro e precariedade das que falan as estatísticas, o movemento obreiro parece preso dunha estraña parálise.

Se ben, son moitos os casos nos que as delegadas e delegados, e membros das seccións sindicais, seguen a velar firmemente polos intereses dos seus compañeiros e compañeiras, non parece haber un pulo para abordar os problemas de forma xeneralizara ou dende a unidade.

As forzas sindicais convencionais áchanse atrapadas na falacia dun diálogo social inexistente, e temendo a súa ruptura. O status acadado por algunhas dende o fin da ditadura, conducíronas a converter as súas cúpulas en lugares cómodos onde posicionarse e gozar de relevancia e tranquilidade.

Isto derivou nun distanciamento cos plantexamentos orixinais das organizacións, e unha grande perda de sensibilidade respecto ás circunstancias de aqueles aos que teñen o cometido de defender. Por outra banda, o crecemento das mesmas xerou a obriga de preocuparse pola entrada de cartos para poder sostelas, facéndoas virar cara unha visión máis propia do capitalismo que da acción solidaria: imaxe de marca, oferta de servizos varios, a batalla das eleccións sindicais nas empresas por obter a subvención do Estado 

A maiores, o seu ego tamén medrou proporcionalmente á súa posición, impedíndolles aceptar unha eventual perda de protagonismo coa fin de traballar de forma unificada contra os problemas que están a castigar a toda a cidadanía. Sumando esa necesidade de destacar a súa imaxe de marca por motivos de cota de mercado, chegan a apropiarse de problemáticas concretas, impedindo que outras forzas participen na súa resolución, moitas veces cun resultado desastroso para as traballadoras e traballadores.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra cremos que esta situación dificulta enormemente o labor que pretendemos de defender de forma unificada uns mínimos comúns que garantan unha vida digna para a cidadanía. O noso intento por cambiar esta situación materializámolo na convocatoria dun acto baixo o nome “Un outro sindicalismo é posible: os outros sindicatos. Presentación en Ferrol dun polo sindical alternativo”. Con el pretendemos que se cree outro “polo” sindical, oposto ao conformado por eses sindicatos convencionais, e que axude a retornar equilibrio á situación de defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Coma candidatos a crear ese polo, convidamos aos sindicatos que están a colaborar nas Marchas da Dignidade: CGT, CNT, CUT, STEG, SXG, Sindicato Ferroviario, Sindicato de Elevación, Sindicato Labrego Galego, … Cremos que este feito xa os convirte en alternativas dignas, xa que foron quen de sumarse a un movemento unitario, as Marchas da Dignidade, e traballar man con man por un interese común, aportando a súa visión e sen esquecer a súa identidade.

Pero tamén, facemos esta convocatoria, en consonancia con esa idea dun óptimo nivel de diversidade das sociedades humanas do que falaba Lévi-Strauss. No caso de Ferrol, cremos preciso aumentar esa diversidade no eido sindical coa fin de garantir a súa saúde, dada a uniformidade que presenta o sindicalismo existente na comarca. Unha diversidade que, por oposición, pode fomentar o fin desa parálise, e o retorno a unha actividade menos adulterada por parte dese sindicalismo convencional.
Por este motivo, convidámosvos a vós, e a toda a cidadanía de Ferrolterra, a participar neste acto que terá lugar o vindeiro martes 16, ás 19:00h no Centro Cívico de Caranza.

Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra

PAN, TRABALLO E TEITO – Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Evento en facebook:
https://www.facebook.com/events/969535436432167/




É posíbel outro polo sindical alternativo?

Desde as Marchas da Dignidade queremos dar a coñecer os outros sindicatos que actúan na Galiza. Falamos de sindicatos que participan dentro das propias Marchas que están comprometidos na mobilización e concienciación social por un outro mundo posíbel: democrático, xusto, sostíbel e solidario, baixo o lema á rúa que xa é hora, .. Pan, Traballo e Teito.

Convidámosvos a participar neste Acto Público que vai ter lugar en Ferrol, o Martes 16 de Xuño, ás 7 da tarde, no Centro Cívico de Caranza.

CGT (Confederación Xeral do Traballo)
Confederación de Galicia
http://www.cgtgalicia.org/
R/ Simón Bolívar, 89, baixo (Pol. Os Rosales)
15011 – A Coruña (A Coruña)
Tlno. /Fax: 981 128 477
Correo Electrónico:
cgtgalicia[arroba]gmail[punto]com
sp.xeral[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª Xeral)
sp.organizacion[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Organización)
sp.finanzas[arroba]cgtgalicia[punto]org (Sª de Finanzas)

CNT – AIT Confederación Nacional do Traballo
http://www.cntgaliza.org/
Ferrol.
Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15401 Ferrol-A coruña Ver en Google-Maps
Horario:
Xoves: 20:30h a 22:00h
Venres: 19:30h a 21:30h
Telefono: 981 300 250
ferrol@cntgaliza.org

CUT (Central Unitaria de Traballadores/as)
http://www.cutgaliza.org/
Local Nacional da CUT: Rúa Urzáiz, 71, entrechán dereito. 36201-Vigo (Pontevedra).
Tfno.: 986220639. Fax: 986220579. e-mail: cut@cutgaliza.org

Sindicato da Elevación (Galiza)
http://www.sindicatoelevacion.org/S.E%20GALIZA.htm
se.galiza@sindicatoelevacion.org
tlf. 639 61 35 16
tlf. 639 11 31 57
tlf. 915 678 971

SF-Intersindical (Sindicato Ferroviario – Confederación Intersindical)
Telefonos de Contacto – Pontevedra
FAX 986436458 FIXO 986222060 Móvil 661402977 Interior 929272
Secretario General
Jose Carlos Costoya Mateo
Dirección Postal
Rua Areal 96-98 entreplanta Oficina 6
36201 Vigo (Pontevedra)
Pagina Web
http://sfpont.wix.com/intersindical
Dirección E-mail
sf.pontevedra@sindicatoferroviario.com
COMUNICADOS
http://sfpont.wix.com/intersindical#!comunicados-ee.ss.

Sindicato de Xornalistas de Galicia
http://www.sindicatodexornalistas.com/
Dirección: Rúa Nova de Abaixo 16, Baixo 3B, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña.
Situación da sede do SXG
Teléfono: 625 310 983
Email: sxg[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Secretario Xeral: secretario[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Afiliación: afiliacion[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Comisión de Garantías: comisiondegarantias[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com
Email Servizo Asesoría Legal: avogados[arroba]sindicatodexornalistas[punto]com

STEG (Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza)
http://www.steg.gal/index.asp
A CORUÑA
Avda. Joaquín Planells s/n, Local 1752. 15007 A Coruña
Tfno.: 670 25 69 56
corunha@stegsindicato.org
Horario de atención de sede: De luns a venres de 10:00 a 14:00 h e os luns e mércores tamén de 17:00 a 19:00 h

TAMÉN CONVIDAMOS A PARTICIPAR NESTE ACTO AO SINDICATO LABREGO GALEGO, POIS É UN DOS EXPONENTES MAIS CLAROS DA LOITA ANTI-IMPERIALISTA E POR UN OUTRO MUNDO POSÍBEL.

Sindicato Labrego Galego
http://www.sindicatolabrego.com/
Rúa Ofelia Nieto 13-23, 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 554 147
FAX: 981 572 570
prensa@sindicatolabrego.com

MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA

Telefono e correo-e de contacto:

603 213 863
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com

Sitios en Internet:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galiza: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estado: http://marchasdeladignidad.org/

Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Perfil de facebook das marchas da dignidade de ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!

|||||||||||||||||||

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/.


PAN, TRABALLO E TEITO – Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
Advertisements