la miserable abundancia

VIVIR NO ADMITE APLAZAMIENTOS

Tag: Galiza

Marea Ártabra toma forma e inicia su andadura hacia las municipales

Marea Ártabra toma forma e inicia su andadura hacia las municipales – Ferrol – Diario de Ferrol.

 

Marea Ártabra toma forma e inicia su andadura hacia las municipales – Ferrol – Diario de Ferrol

Marea Ártabra toma forma e inicia su andadura hacia las municipales

 | Actualizado 14 Septiembre 2014 

Representantes de entidades sociales, culturales, políticas y ciudadanos de a pie se unen a la marea               d.a.

Representantes de entidades sociales, culturales, políticas y ciudadanos de a pie se unen a la marea d.a.

Con el objetivo de construir una alternativa al gobierno local, la Marea Ártabra, que empezó a generarse hace unos meses, comienza a tomar forma definitiva y espera aunar las inquietudes progresistas y de izquierdas “con xenerosidade e empatía” para buscar puntos comunes y poder crear una candidatura que concurra a las próximas elecciones del mes de mayo.
No es una confluencia de fuerzas políticas sino de personas, aunque en esta marea están presentes nombres vinculados con formaciones como EU, Anova o Espazo Ecosocialista, además de entidades sociales y vecinales y representantes del mundo de la cultura ferrolana.
El manifiesto de Marea Ártabra es el punto de partida de esta iniciativa, un texto firmado por 72 personas, que, como explicaron ayer los miembros de Marea Ártabra Montse Garel Novás y Miguel Castro Serantes, no es un número casual. En Ferrol el 72 lleva implícito la solidaridad obrera y, además de recordar los sucesos de marzo, se pretende rescatar los valores de esa época, en la que el compromiso y la unión estaban presentes. En este sentido, Miguel Castro indicó que ·eses valores de compromiso, solidaridade e valentía pretenden recuperarse na Marea Ártabra, para lograr un espíritu de cambio”.
Los asistentes al acto de ayer apostaron por “abrir as xanelas e deixar paso á marea Ártabra, unha marea de xente que quere evitar que se faga política para uns poucos e que os cargos públicos estean ó servizo do cidadán e non dos partidos”, por eso, buscarán candidaturas plurales de cara al mes de mayo y se comenzará a trabajar por asambleas hasta entonces.
La primera reunión está convocada para el jueves 2 de octubre en el centro cultural Carvalho Calero y quienes decidan unirse a esta marea pueden apoyarla a través de la web mareaartabra.org.
La marea basa su creación en  la puesta en marcha de un nuevo modelo social, algo que reconocen complicado pero no difícil y apelan a que “construir é mais lento, pero máis creativo”.
A esta iniciativa se han unido personas que han tenido o tienen representación en el Concello como Suso Basterrechea, Javier Galán, María Luisa Sabio, Xosé Lastra, Carmen Parada, Rafael Rodríguez, Bernardo Lorenzo Cuétara, Xurxo Pena, Sari Alabau o Fernando Miramontes, además de artistas como Mabel Rivera, María Manuela, Xurxo Varela, Julie Guravich, Karlotti, Vicente Araguas, Antón Cortizas  o Suso Pérez Lago, entre otros representantes del ámbito social y cultural de Ferrol.
Múltiples personas anónimas, tanto firmantes del manifiesto como ciudadanos en general, apoyan ya esta iniciativa, que pretende perfilar ahora una candidatura. n

Centos de persoas reclaman un servizo de extinción de lumes ‘único e público’ en Galicia – Praza Pública

Centos de persoas reclaman un servizo de extinción de lumes ‘único e público’ en Galicia – Praza Pública.

 

Centos de persoas reclaman un servizo de extinción de lumes ‘único e público’ en Galicia – Praza Pública

Varios centos de persoas marcharon este domingo en Compostela para exixir á Xunta un servizo de extinción de incendios “único, público e profesionalizado” que remate co “fraccionamento e atomización” que, segundo os manifestantes, está a padecer. Baixo o lemaNon máis lumes, a mobilización percorreu as rúas da capital galega mentres a Plataforma pola Defensa dun Servizo Público de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais lembrou que a día de hoxe hai máis de 15 entidades, tanto públicas como privadas, que están a participar na extinción.


“Quen apaga ou lume? Nós e non a UME”, “Menos propaganda e máis prevención”, “Os lumes non se apagan coas palabras da Quintana”, “Rosa Quintana dimisión”
 e “A nosa conselleira é unha mentireira”, foron varias das consignas berradas polos manifestantes. Emilio Doforno, integrante da plataforma e membro de Comisións, pediu a dimisión do director xeral de Montes e dos responsables da Xunta en materia de incendios. “Non poden liderar esta nova etapa”, engadiu, tras reclamar unha política forestal que poña fina a 22 anos e máis de 700.000 hectáreas queimadas.Segundo esta plataforma, e en palabras de Fernando García, un membro deste grupo e da CIG, o Goberno galego debe crear unha mesa de diálogo que xunte organizacións políticas, ecoloxistas, sindicais, agrupacións de montes en mancomunidade e sectores da sociedade.”Temos outra vez a Galicia ardendo polo catro custados e o único que impediu que seguise queimándose foi a choiva”, dixo, tras asegurar que os lumes debían ser “unha cuestión de Estado”.


Malia estes fondos, José Vázquez, membro da plataforma e de UGT, remarcou que
 “non hai limpeza” nos montes galegos porque “non existe” unha política forestal. “Vai haber lumes mentres teñamos leña no monte. Iso é combustible e, se non se retira, arde”, sentenciou. En canto á proposta do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de modificar as leis para que a Policía autonómica poida sancionar os incendiarios, José Vázquez insistiu en que hai axentes forestais con “experiencia” para investigar estes casos. “Mentres non haxa unha investigación por xente que coñece o monte, a pescuda está coxa”, asegurou.Así, Doforno lembrou que o PP gobernou durante 18 dos anos que abranguen esta estatística, polo que é a formación “con máis responsabilidades”. Tamén chamou a atención nos “máis de 1.230 millóns de euros” que os gobernos da Xunta gastaron, segundo apuntou, nos últimos 22 anos en materia de incendios. En concreto, reparou en que estes supuxeron uns “30 millóns diarios” de pesetas.

Ademais, a Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia tamén se uniu a esta protesta. En concreto, o seu portavoz, José Luis Pareja, subliñou que os bombeiros dos parques de xestión indirecta de Galicia -agora en folga- tamén sofren os problemas que carrexa o feito de que exista unha pluralidade de entidades públicas e privadas que traballan na extinción de incendios.

Por esta razón, denunciou a “formación escasa” que reciben os profesionais que traballan na extinción de lumes forestais e as “campañas trimestrais” nas que non se renova” aos traballadores.

Non máis lumes! Por unha nova política forestal!

El PP gallego teme unas fotos de Feijóo con el ‘narco’ Dorado en Londres

http://vozpopuli.com/buscon/23570-el-pp-gallego-teme-unas-fotos-de-feijoo-con-el-narco-dorado-en-londres#.UV39SQueW9o.xanga

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Las andanzas de hace dos décadas del presidente de la Xunta con el contrabandista Marcial Dorado pueden tener todavía bastante recorrido si terminan por salir a la luz otras fotos que probarían la familiaridad que ambos llegaron a tener en sus tiempos mozos. En el PP gallego se habla, en concreto, de un viaje que Alberto Núñez Feijóo y el ‘narco’ realizaron a Londres en compañía de sus respectivas parejas. Hasta hace pocas semanas se daba por hecho que las instantáneas de este viaje serían las primeras en publicarse.

Los compañeros de Feijóo en la Xunta y no pocos dirigentes del PP con asiento en la ejecutiva nacional elogian su actitud por haber dado la cara ante los medios de comunicación y haber comprometido, además, una comparecencia monográfica para explicar su relación con Dorado en el Parlamento autonómico. Pero, a renglón seguido, admiten que el tiempo transcurrido de esta amistad no puede servir como pretexto ni justificación de nada, entre otras razones porque años antes de hacerse la foto, en la prensa gallega habían proliferado las informaciones sobre la conexión de Dorado con el contrabando de tabaco.

Las fotos que ya se conocen y otras que todavía no se han publicado han circulado de forma episódica por algunas publicaciones gallegas que no les llegaron a dar la importancia debida. El secretario general del PSOE regional, Pachi Vázquez, ha negado el conocimiento previo de estas fotografías, pero en su partido se admite que sabía de su existencia, como mínimo, desde finales de 2010.

Unha ‘culebra social’ percorrerá Ferrol chamando á folga xeral – Praza Pública

http://praza.com/economia/2669/unha-culebra-social-percorrera-ferrol-chamando-a-folga-xeral/

 

Unha ‘culebra social’ percorrerá Ferrol chamando á folga xeral – Praza Pública

 

 

 

Once manifestacións en Galicia para a folga xeral do 14N

 

Cartel a prol da folga xeral

Cartel a prol da folga xeral

© CIG

Once manifestacións para unha folga xeral que pretende ser histórica. Un total de once marchas percorrerán as rúas das cidades e vilas galegas na xornada de paro prevista para o vindeiro día 14 de novembro. Convocados polos principais sindicatos (CCOOCIG e UGT), pola maioría do resto de centrais, pola Alianza Social e por múltiples colectivos, a convocatoria estatal coincide coa que se dá en países como Portugal, onde tamén se levará a cabo unha folga xeral, e a doutros países europeos onde haberá protestas en forma de mobilizacións ou paros parciais.

Hai convocadas máis de 100 manifestacións no conxunto de Estado, nunha folga xeral que coincide coa de Portugal

Será a segunda folga xeral que sufrirá Mariano Rajoy, case oito meses despois da primeira, e na que se manifestará a oposición aos Orzamentos Xerais do Estado para 2013, aos recortes e a unhas políticas que están condenando España a unha continua recesión e a un incremento constante do desemprego. Para este 14N  hai convocadas máis de 100 manifestacións en capitais e cidades do Estado.

As manifestacións denunciarán tamén a precarización das condicións laborais e de vida dos traballadores, ademais de exixir un cambio nas políticas económicas decretadas polo Goberno e que están a provocar unha maior contracción da economía, a parálise dos sectores produtivos, a destrución de emprego, a demolición dos servizos públicos esenciais e a súa progresiva privatización. As principais marchas serán as convocadas conxuntamente por CCOO, UGT e CIG, pero haberá outras doutros sindicatos. En Vigo, por exemplo, CUT, CGT, CNT, STEG  e SF levarán a cabo unha manifestación unitaria ás 11 horas desde a praza Fernando O Católico, mentres que noutras cidades tamén haberá convocatoria destas centrais.

Horarios de saída e percorrido das manifestacións principais:

– Vigo: ás 11:30 horas, desde a Praza de España, até a Praza de América.
– Pontevedra: ás 12:30 h, desde a Praza da Ferrería, até a Subdelegación do Goberno.
– Vilagarcía: ás 12:00 horas, desde a Casa do Mar até a Praza Ravella
– Ourense: ás 12:00 horas, desde o Pavillón dos Remedios até a Subdelegación do Goberno.
– Compostela: ás 12:00 h, desde a Praza Roxa até a Praza de Praterías.
– Lugo: ás 12:00 horas, desde a Casa Sindical, na Ronda da Muralla, até a Praza de Santa María.
 A Coruña: ás 12:00 horas, desde a Praza da Palloza até a Praza de María Pita.
– Ferrol: ás 12:00 horas, desde a Praza do Inferniño até a Praza de Armas.
– Burela: ás 12:00 horas, desde a Estación de Servizo Vista Alegre, até a Praza do Concello
– Ribeira: ás 12:00 horas, desde a Estación de Autobuses até a Praza do Concello.
– Monforte: ás 19:30 horas, desde a Praza de España até a Praza da Estación

Alianza Social Galega: ‘Puxemos en valor o que nos une, que é moito máis do que nos separa

http://praza.com/economia/2398/alianza-social-galega-puxemos-en-valor-o-que-nos-une-que-e-moito-mais-do-que-nos-separa/?utm_source=dlvr.it

A Alianza Social Galega está formada por ao redor de 60 organizacións

A Alianza Social Galega está formada por ao redor de 60 organizacións

CC BY-SA Praza Pública

 

Alianza Social Galega: “Puxemos en valor o que nos une, que é moito máis do que nos separa”

Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena | @zerovacas

 

Manifestación do 19 de xullo na Coruña

Manifestación do 19 de xullo na Coruña

© Daniel Candal

“As organizacions sindicais puxemos en valor aquilo que nos une, que é moito máis do que nos separa”. Deste xeito describiu Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CC.OO. en Galicia, o proceso de que deu lugar ao nacemento este xoves da Alianza Social Galega. Unha frase que se podía poñer na boca de calquera dos representantes das ao redor de 60 organizacións que forman parte da nova plataforma, nacida como espazo de encontro para o debate e a acción da sociedade civil galega oposta ás políticas de austeridade e aos recortes económicos e de dereitos impostos polo Partido Popular. O 31 de outubro a Alianza Social Galega, que nace con vocación de continuidade, celebrará unha nova xuntanza, que decidirá as primeiras accións concretas. 

“Non nos xuntamos por casualidade nin por electoralismo, senón para loitar contra unhas politicas que agreden os sectores sociais que representamos”

En termos semellantes falou Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que salientou que “non nos xuntamos por casualidade nin por electoralismo, senón para loitar contra unhas politicas que agreden os sectores sociais que representamos. Parécenos moi ben presentar isto en eleccións, porque o voto ten moito valor e cómpre mudar as actuais correlacións de forzas nos parlamentos”. Tamén Sánchez Aguión cre necesario “poñer en evidencia as denuncias e demandas da maioría social deste pais a tres dias das eleccións”. Seixo engadiu que “xa viñamos protestando por separado e o que queremos é protestar xuntos e así aumentar a nosa capacidade de mobilización. E é algo que calquera goberno que saia das urnas este domingo vai ter que ter en conta”.

A Alianza Social Galega agrupa entidades de todo tipo, comezando polas asociacións de pais e nais, e de feito Helena Gómez, presidenta da CONFAPA, foi a encargada de ler o manifesto fundacional.Pero foron os tres sindicatos maioritarios os grandes motores e nucleadores desta unión a partir das mobilizacións conxuntas do 19 de xullo. É por iso que non se pode obviar tampouco que unha das primeiras pedras de toque da Alianza será a folga xeral unitaria que, á espera de que os correspondentes órganos de decisión dos sindicatos o aproben, se celebrará o 14 de novembro. En concreto a CIG prevé facelo oficial o dia 26 e CC.OO. e UGT aprobarano este venres.

Neste senso, José Antonio Gómez, secretario xeral da UGT, explicou que a Alianza aínda non tratou a maneira en que vai participar na folga, pero salientou que “é lóxico” que terá unha “participación activa” na mesma. Gómez salientou que se quere “dar unha resposta transversal ás políticas do PP porque estas medidas neoliberais non afectan só aos traballadores”.

José Antonio Gómez, secretario xeral da UGT, explicou que a Alianza aínda non tratou a maneira en que vai participar na folga, pero salientou que “é lóxico” que terá unha “participación activa” na mesma

As organizacións que asinan o manifesto salientan que o proxecto de orzamentos xerais do Estado de 2013 “será un novo golpe”, xa que “os principais recortes minguarán aínda máis os recursos destinados aos servizos públicos, agravando as consecuencias que provocaron os recortes de 2012 e provocando máis paro e recesión”. E auguran que a situación empeorará nos próximos meses, “como consecuencia destas políticas promovidas polo BCE, a CE e o FMI, e postas en práctica en Galicia e o Estado polos gobernos do PP” en especial pola perspectiva do rescate que con toda probabilidade o Goberno español solicitará nas vindeiras semanas.

 

“Porque a saída da crise no pode recaer sobre os máis débiles”

“Estamos firmemente decididos a defender uns dereitos e unhas condicións de vida que se conseguiron tras moitos anos de loita e sacrificios das xeracións pasadas e presentes”

“Diante de todo o exposto e da perspectiva real de que a situación empeore nos próximos meses, como consecuencia destas políticas promovidas polo BCE, a CE e o FMI, e postas en práctica en Galicia e o Estado polos gobernos do PP, as organizacións e entidades reunidas hoxe promoveremos mobilizacións para expresarmos o rexeitamento da sociedade galega ás políticas que se están aplicando. Porque a saída da crise no pode recaer sobre os máis débiles nin facerse á custa do empobrecemento da poboación. Estamos firmemente decididos a defender uns dereitos e unhas condicións de vida que se conseguiron tras moitos anos de loita e sacrificios das xeracións pasadas e presentes. Estamos firmemente decididos a loitar para que os nosos fillos e fillas poidan vivir nunha sociedade galega máis xusta, libre, democrática e sustentábel social e ambientalmente“.

Así se pecha o manifesto que este xoves se leu no Mupega na presentación da Alianza Social Galega. O texto denuncia “as políticas que se veñen aplicando, especialmente desde maio de 2010”, que atenden “só aos intereses dos mercados” e que pretenden “minguar o noso estado do benestar”. Critica especialmente a xestión do PP e enumera varias das súas decisións máis contestadas, dende suba do IRPF o repagamento dos medicamentos ou a reforma laboral “que desmantela o actual modelo de negociación colectiva, abarata e facilita o despedimento, non contribúe á creación de emprego e individualiza as relacións laborais”. Tamén se lembrou o recorte das prestacións por desemprego a amnistía fiscal, ou as medidas máis recentes que acompañan os orzamentos xerais do Estado de 2013 ou que acompañarán a petición de rescate ao BCE por parte do Goberno español.

En canto a Galicia fíxose especial énfase na “deterioración e privatizacións dos servizos públicos e dos servizos sociais” e tamén nos recortes de salarios aos traballadores públicos. Denunciouse tamén a “destrución dunha parte fundamental do noso tecido produtivo (naval, leiteiro, conserveiro, pesqueiro, téxtil)”, así como “a entrega dos recursos endóxenos ás multinacionais sen xerar valor engadido”. Todo nun contexto de “recentralización promovida polo PP estatal”.